ESPANHA | www.jolope.com
Mestre, de profesión e autodidacta afeccionado á fotografía desde os 15 anos.
Na etapa analóxica, década dos 80, no eido do ensino e en relación coa fotografía, comeza a impartir cursos-taller a alumnos/as e a un grupo de pais/nais, do Centro onde desenvolve a súa profesión.
Ao mesmo tempo, inicia a súa participación en certames fotográficos con variado éxito en premios, que lle serven de estímulo, e logra catalogar dous traballos, sobre “Artes y Tradiciones Populares” no Ministerio de Cultura de España.
Así mesmo, catalóganlle dúas obras na antiga Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, sobre Medio Ambiente.
Tamén realiza dúas exposicións individuais, unha en Santiago e outra en Ribeira (A Coruña), así como varias colectivas, nos lugares aos que presenta fotografías a Concurso: Santiago, Touro, Pontevedra, A Toxa… e unha en Guernsey (R. Unido).
Nesta época analóxica, quere salientar un traballo, con fotografías de Mosteiros de Galicia, para unha colección de “albarelos” ou “botamen” en cerámica de Sargadelos para a Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago.
Por espazo de varios anos, deixa a súa actividade fotográfica.
Co inicio da “era dixital” retoma a actividade da fotografía e a súa participación na concur‐ sística, contando con varios premios de carácter autonómico e nacional (Sabadell, Vallado‐ lid, Madrid, Huesca, Cuenca, Cáceres, Ourense, Ribadavia, Touro, Porto do Son, Carballo…).
Participa nun proxecto-publicación editorial de carácter autonómico (Diccionario Xeográfico Ilustrado de Galicia).
Participa, como poñente e autor, nunhas xornadas fotográficas en Mogadouro-BragançaRexión de Tras os Montes (Portugal), cos temas de carácter etnográfico sobre a “Romería de Santa Marta de Ribarteme-Pontevedra” e o do “Cultivo e tratamento do liño” .
Leva a cabo dúas exposicións individuais en Arzúa, de carácter etnográfico, sobre “O liño” e “O ciclo do pan” E outra en Santiago, no Museo do Pobo Galego, sobre “Os Xenerais da Ulla”, tamén de carácter etnográfico.
Participa en numerosas exposicións colectivas autonómicas e nacionais, correspondentes aos lugares nos que presenta fotos para Certames de fotografía.
Destaca a súa participación no Festival Internacional de Avintes (Portugal) no ano 2014 cunha exposición de dezaseis fotografías sobre “A rapa das bestas” e as dúas colectivas realizadas en Oporto (Portugal), de temática variada.
A mesma Exposición temática de “A rapa das bestas” producida para Avintes, aumentada con varias fotos máis, percorreo varias salas de exposición: CS de Santiago de Compostela: “O Ensanche” e “Vite” (dentro da programación do Outono Fotográfico), Mosteiro de Carboeiro-Silleda-Pontevedra), Castelo de Santa Cruz de Oleiros-A Coruña, CC de Porto do Son-A Coruña, CC de Carballo-A Coruña, CC “Canal de Castilla” de Valladolid. T
amén, é de salientar a súa colaboración de maneira desinteresada, ao longo de varios anos, con diferentes Federacións deportivas galegas: kárate, ximnasia, rugby, halterofilia… así como con algúns equipos de rugby, fútbol americano, ximnasia artística e rítmica…
Actualmente, está colaborando nalgúns proxectos expositivos de compañeiros de Oporto (Portugal) e, sobre todo, rematando un proxecto persoal, de fotografía e vídeo, con relación a unha actividade artesanal que está a piques de desaparecer e que tivo unha gran importancia en Galicia.
Como colofón, manifesta a súa ledicia pola participación no iNstantes 2019 en Vilagarcía de Arousa, un dos polos do Festival Internacional de Fotografía de Avintes, no apartado de “Projecçoes” (proxeccións) co proxecto “DOMUS
PROJECÇÃO: DOMUS
© José López
Domus é a palabra latina coa que se coñece un tipo de casa romana. As domus eran as vivendas das familias dun certo nivel económico. Neste caso, o termo domus, quero referilo ao senso estrito do seu significado: casa. Coas imaxes tento amosar o feito da falta de mantemento, o deterioro, o abandono, a recuperación, a construción, a monumentalidade, a beleza, a utilidade, o tipismo, a súa contemporaneidade, a funcionalidade… e volta ao comezo. En definitiva, ao meu entender, o ciclo lóxico da vida de calquera domus.