ESPANHA | a miña mirada faiche grande
Son nai de tres nenos (Martín, Héctor e Lucas) e a fotografía formou sempre parte da miña vida, pero é dende fai relativamente pouco que a miña afición converteuse nun proxecto de vida.
Aos dezaoito meses ao meu fillo Héctor diagnosticáronlle trastorno do espectro do autismo (TEA) e as imáxenes convertéronse nunha ponte de comunicación entre os dous. As personas con autismo ven, escoitan e senten, e constrúen a súa maneira de ser, de relacionarse e de sentir a partir do seu peculiar procesamento da información.
Héctor ten oito anos, é un excelente pensador visual e non ten linguaxe verbal. A fotografía permitiume entender que a sua particular manera de estar no mundo é o resultado da incomprensión dunha infinidade de normas e códigos sociais inaccesibles.
Estas e outras imaxes inmortalizan momentos onde Héctor é él mesmo, en toda a súa esencia. Héctor comunícase con miradas, xestos, imaxes e abrazos infinitos. Os seus movementos, a auga, a creación de escenarios, as suas categorízacións…, todo trato de captalo con fotografías que desmitifican o autismo e permiten ver ao ser humano.
Este é o meu proxecto «A miña mirada faiche grande», que me permitiu transformar a tristeza en fascinación, canalizar a miña dor e mostrar o autismo dende a beleza.
EXPOSICIÓN: RECOÑECER LA DIVERSIDADE
© Paula Verde Francisco
Esta exposición nace das fotografías de Paula Verde e os textos de Ignacio Calderón recollidos no libro “Recoñecer a diversidade” (Editorial Octaedro, 2018).
A mostra pretende transformar miradas acerca do que entendemos por discapacidade e especialmente do tratamento educativo que aínda hoxe se segue dando ás diferenzas en demasiadas escolas de todo o mundo. No nosos sistemas educativos prodúcese, coa nosa complicidade, a violación sistemática do dereito á educación de moitos nenos e nenas nomeados pola discapacidade. Son segregados, rexeitados, cosificados, ninguneados, descoñecidos… nun espazo que ha de erixirse como garante de sociedades realmente democráticas.
Esta sucesión de imaxes e palabras queren convidar a unha viaxe que supere a indiferenza e que permita o cambio. Unha combinación de beleza e incomodidade que quere inquietar, si. Porque a quietud doe. E porque, ao alterar a orde, tamén xorden novas esperanzas.
.